jueves, 1 de julio de 2010

....como todos os días ....




.... como todos os días, dende que cumplira os trece anos, atravesou o arco que daba entrada a esa praza pequena e íntima, calada e serena, que parecia tenderlle a man, ralentizando o tempo, para que así puidese adentrarse no xardín das súas lembranzas.
Como todos os días, non puido apartar a ollada dos restos da metralla nas paredes da igrexa, lembranza permanente de pasados tempos de guerra, nos que ao igual que hoxe os nenos xogaban alleos ó que pasaba ao seu redor.
Como todos os días sentou á beira da fonte e unha única bagoa correu polas súas meixelas, rapidamente sacou un pano, enxugou os ollos, ergueuse e colocando as súas roupas continuou o seu cansino andar octoxenario polo Carrer da Palla...

♫♪♫ Evanescence - My inmortal♫♪♫

No hay comentarios:

Publicar un comentario