domingo, 25 de julio de 2010

Ana Soror .....



Este é o título dunha obra que Marguerite Yourcenar (Bruxelles 1903 - Mount Desert Island 1987) escribiu na súa época de xuventude, cando tiña 22 anos, é un dos seus primeiros escritos pero non por iso menos interesante. Nun epilogo que aparece ao final explica que nun principio este escrito formaba parte dun borrador dunha novela, "Remuiño", proxecto que abandou.
Cando xa estaba avanzada a súa carreira literaria quixo recuperar os fragmentos da antiga obra, asi pois o relato "Ana,Soror..." foi escrito no 1925 pero publicouse no 1935 nun volume que ocupaba tres narracións, chamado "Como auga que flue".
A narración toca o tema do incesto, do amor entre irmáns e situase no Nápoles do Renacemento.
Don Alvaro, fillo do alcaide do Forte de San Telmo ten dous fillos Ana e Miguel.
A medida que transcurre o tempo os irmáns comezan a sentir o un polo outro algo que traspasa o amor fraternal . Valentina, a súa nai parece que nota ese amor que sinten, cando está no seu leito de morte dilles:"Pase o que pase nunca cheguedes a odiarvos".
Ao morrer a súa nai, Miguel ten que marchar de viaxe pois o seu pai encomendolle un traballo en España.
Ana e Miguel permanecerán máis distanciados ainda que pendentes sempre o un do outro.
Os dous irmans loitan por non ter eses sentimentos. Miguel, é o que máis sofre por esta situación pois é conscente que este tipo de amor cara a súa irmá non debera existir, e aparece atormentado polo desexo que ten cara ela.
Os dous amanse en silenzo, espíanse, escoitanse ao través das paredes que comunican as súas habitacións.
Mais nunca chegará a consumarse o incesto, somentes será o desexo o que atormente a estos dous personaxes.
Miguel marchará nunha galera cara España e non voltará da viaxe, vai morrer ao ser asaltado o seu barco polos piratas.
Dende este momento Ana permanecerá fiel á memoria do irmán perdido, ao seu amor.
Casará cun home ao que non ama pero ao que tampouco odia, simplemente elle indiferente.
Ana seguirá co seu loito, vivindo das súas lembranzas, pero non sinte remordemento ningún por eses sentimentos.
Ao quedar viuva acabará os seus días nun convento, sendo as súas ultimas verbas para o seu irmán.

Lacrimosa : Requiem - Wolfgang Amadeus Mozart

No hay comentarios:

Publicar un comentario