viernes, 18 de junio de 2010

Crepúsculo - Jose Saramago , In memoriam




Crepúsculo - Jose Saramago, in memoriam

No pasamento dun dos mais grandes da literatura contemporanea, unha mirada lúcida sobre a realidade deste mundo, ainda que o crepusculo pareza cair para sempre, as súas verbas continuaran a alumear dende a lonxanía.....

" As miserias do mundo están aí, e só hai dous xeitos de reaccionar ante elas: ou entender que un non ten a culpa e polo tanto encollerse de ombreiros e dicir que non está nas nosas mans o remedio —e isto é ben certo—, ou ben asumir que, ainda cando non estea nas nosas máns o resolvelo, temos que comportarnos coma se así o fose. "

Jose Saramago , (Santarem, 1922 ; Lanzarote, 2010)

domingo, 6 de junio de 2010

Cosendo ofrendas para o templo



O mes de agosto é o mes do monzón, especialmente duro no Sul e no Este da India, pero tamen é un mes de peregrinacions cara os distintos santuarios e lugares sagrados diseminandos polo subcontinente, e caseque sempre nas ribeiras dos grandes rios sagrados, como o Ganxes, Sirawati ou Iamuna.

As mulleres de maior idade adicanse a coser froles e outras ofrendas que xunto con variñas de incenso ofrecen aos peregriños ás portas dos templos, permitindo asi a aportación dunhas poucas rupias máis á unidade familiar, que permita sobrelevar a maltreita economía das familias excesivamente dependente do traballo no campo e nas selvas.

Orchha é unha aldea cercana ao rio Iamuna que tivo a sua importancia a nivel civil en certa época sendo a antiga capital da dinastia Bundella,pero que foi decaindo de xeito ostensible,hoxe é un lugar no que se poden ver varios palacios abandoados que reflicten o esplendor dos maharaias do pasado, e un lugar moi agradable polo que pasear e misturarse coas xentes que derrochan amabilidade, moi alonxados do caos das grandes cidades do pais.

Ademáis atopamonos cunha paisaxe que nos fai lembrar aquelas que Rudyard Kipling inmortalizara no seu "Libro da Selva" e que foron unha icona da nosa infancia.

Quizais esta pequena aldea do interior do pais, entre Gwalior e Kajhuraho foi un dos lugares onde a paz e a serenidade hindú e a súa filosofia de vida manifestabase dun xeito máis xenuino e autentico. Un deses lugares para voltar sempre que fora necesario.

...a hora da gloria nas flores.....


...Ainda que o fulgor que unha vez foi tan brilante
sexa para sempre alonxado do meu ollar
Ainda que nada poida delvovernos a hora
do esplendor na herba, da gloria nas flores
non debemos aflixirnos, senon atopar
forza nas lembranzas...

William Wordsworth (1770 - 1850)