martes, 21 de diciembre de 2010

Deconstrucción do Nadal




Estas datas non son as mellores para mín , as lembranzas acoden como torrenteiras anegando a miña mente facendo destes días unha mestura amarga de tristuras e ledicias xa perdidas, xa fai uns cantos anos que o meu espiritu de Nadal brila cáseque pola súa ausencia e asemellase máis ao do vello Scrooge de Dickens, pero ainda quedan certas faiscas que lembran tempos onde estas datas significaban algo.

Proba de que algo pasa na miña concepción do Nadal, é esta foto sacada a unha Poinsettia que teño no meu despacho, que comezou a porse vermella e a botar a súa flor no mes de abril e mantivose coa súa característica cor durante todo o verán, e que agora luce esplendorosamente verde e esperando florecer de novo allea ao seu nome de flor de Pascua

Para os que ainda conservan este espíritu vai esta foto coa miña felicitación, ao resto desexarvos uns días felices, pero non só agora senon tamén para o resto do ano.


Pasadeo ben e disfrutade, e grazas por estar ahi, tanto a uns como outros, os momentos vanse pero os recordos quedan, e a pesares de todo sempre voltaremos aos bos momentos compartidos.
Unha aperta moi grande para tod@s

♫♪♫Diana Krall -Let it snow ♫♪♫

No hay comentarios:

Publicar un comentario