domingo, 6 de junio de 2010

Cosendo ofrendas para o templo



O mes de agosto é o mes do monzón, especialmente duro no Sul e no Este da India, pero tamen é un mes de peregrinacions cara os distintos santuarios e lugares sagrados diseminandos polo subcontinente, e caseque sempre nas ribeiras dos grandes rios sagrados, como o Ganxes, Sirawati ou Iamuna.

As mulleres de maior idade adicanse a coser froles e outras ofrendas que xunto con variñas de incenso ofrecen aos peregriños ás portas dos templos, permitindo asi a aportación dunhas poucas rupias máis á unidade familiar, que permita sobrelevar a maltreita economía das familias excesivamente dependente do traballo no campo e nas selvas.

Orchha é unha aldea cercana ao rio Iamuna que tivo a sua importancia a nivel civil en certa época sendo a antiga capital da dinastia Bundella,pero que foi decaindo de xeito ostensible,hoxe é un lugar no que se poden ver varios palacios abandoados que reflicten o esplendor dos maharaias do pasado, e un lugar moi agradable polo que pasear e misturarse coas xentes que derrochan amabilidade, moi alonxados do caos das grandes cidades do pais.

Ademáis atopamonos cunha paisaxe que nos fai lembrar aquelas que Rudyard Kipling inmortalizara no seu "Libro da Selva" e que foron unha icona da nosa infancia.

Quizais esta pequena aldea do interior do pais, entre Gwalior e Kajhuraho foi un dos lugares onde a paz e a serenidade hindú e a súa filosofia de vida manifestabase dun xeito máis xenuino e autentico. Un deses lugares para voltar sempre que fora necesario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario