viernes, 17 de diciembre de 2010

Chegando a un final.....



...If you're on your own in this life, the days and nights are long,

When you think you've had too much of this life to hang on
Well, everybody hurts sometimes,
Everybody cries....So, hold on, hold on....
You are not alone....

♫♪♫ REM -Everybody hurts ♫♪♫

martes, 14 de diciembre de 2010

O rapto de Europa diante dos seus ollos ...



... e namentras tanto, indiferencia.

sábado, 11 de diciembre de 2010

A Terra Baldía



"... Apartache a miña man da túa
e atrapoume nun intre o desespero,
e busco sen descanso a túa alma
polas terras baldías da miña morte..."


♫♪♫ Epitaph -King Crimson ♫♪♫

1 de Diciembre.... y resto del año ......



.... Por todos los que nos dejaron y vieron convertida su existencia en un lugar donde el desierto de la incompresión campó a sus anchas, por todos aquellos que vieron como una alambrada de desprecio los condenaba a la soledad, por todos aquellos a los que un maldito virus condeno a la exclusión social, por todos aquellos que por tener la "suerte" de nacer en una determinada parte del mundo nunca recibirán el mas minimo cuidado y por todos los que hipocritamente creemos que esto nunca nos va a pasar porque estas cosas sólo les pasan a unos "cuantos" y además vivimos en el primer mundo y esta maldita enfermedad ya no mata....

BASTA YA!!!!!
Protejamonos y luchemos por que el SIDA no se propague y por que los cuidados lleguen a todo el mundo sin distinción de raza, sexo o lugar de nacimiento.

Se lo debemos a todos los que nos dejaron en el camino.


♫♪♫ Elton John -The last song ♫♪♫

domingo, 25 de julio de 2010

Ana Soror .....



Este é o título dunha obra que Marguerite Yourcenar (Bruxelles 1903 - Mount Desert Island 1987) escribiu na súa época de xuventude, cando tiña 22 anos, é un dos seus primeiros escritos pero non por iso menos interesante. Nun epilogo que aparece ao final explica que nun principio este escrito formaba parte dun borrador dunha novela, "Remuiño", proxecto que abandou.
Cando xa estaba avanzada a súa carreira literaria quixo recuperar os fragmentos da antiga obra, asi pois o relato "Ana,Soror..." foi escrito no 1925 pero publicouse no 1935 nun volume que ocupaba tres narracións, chamado "Como auga que flue".
A narración toca o tema do incesto, do amor entre irmáns e situase no Nápoles do Renacemento.
Don Alvaro, fillo do alcaide do Forte de San Telmo ten dous fillos Ana e Miguel.
A medida que transcurre o tempo os irmáns comezan a sentir o un polo outro algo que traspasa o amor fraternal . Valentina, a súa nai parece que nota ese amor que sinten, cando está no seu leito de morte dilles:"Pase o que pase nunca cheguedes a odiarvos".
Ao morrer a súa nai, Miguel ten que marchar de viaxe pois o seu pai encomendolle un traballo en España.
Ana e Miguel permanecerán máis distanciados ainda que pendentes sempre o un do outro.
Os dous irmans loitan por non ter eses sentimentos. Miguel, é o que máis sofre por esta situación pois é conscente que este tipo de amor cara a súa irmá non debera existir, e aparece atormentado polo desexo que ten cara ela.
Os dous amanse en silenzo, espíanse, escoitanse ao través das paredes que comunican as súas habitacións.
Mais nunca chegará a consumarse o incesto, somentes será o desexo o que atormente a estos dous personaxes.
Miguel marchará nunha galera cara España e non voltará da viaxe, vai morrer ao ser asaltado o seu barco polos piratas.
Dende este momento Ana permanecerá fiel á memoria do irmán perdido, ao seu amor.
Casará cun home ao que non ama pero ao que tampouco odia, simplemente elle indiferente.
Ana seguirá co seu loito, vivindo das súas lembranzas, pero non sinte remordemento ningún por eses sentimentos.
Ao quedar viuva acabará os seus días nun convento, sendo as súas ultimas verbas para o seu irmán.

Lacrimosa : Requiem - Wolfgang Amadeus Mozart

martes, 6 de julio de 2010

Adeus a Berlín....




"Adeus a Berlín" é froito dunha estanza de catro anos do escritor Christopher Isherwood no axitado Berlín dos anos trinta. O autor intervén co seu propio nome e condición, como unha personaxe ademáis de narrador, nas aventuras e desventuras dunhas figuras maxistralmente creadas (a dona da pensión, a lixeira e inxenua Sally Bowles, a distinguida familia xudea dos Landauer...) nun longo relato articulado en varios capitulos, cada un dos cales ten como principal protagonista a cada un dos individuos que centran a acción, que abrangue dende o outono de 1930 ata a auxe do nazismo e a marcha da cidade do propio escritor.
A obra foi obxecto de dúas adpatacións teatrais diferentes, que foron levadas a súa vez ao cine, sendo a máis famosa a versión musical dirixida por Bob Fosse co titulo de Cabaret, que encumbrou como estrela a unha xoven Liza Minnelli, no papel de Sally Bowles.

Non puiden evitar trar a colación o final da obra, na marabillosa traducción ao castelán de Jaime Gil de Biedma


"Hoy brilla el sol y el día es tibio y suave. Sin abrigo ni sombrero, salgo a dar por última vez mi paseo matinal. Brilla el sol y Hitler es el amo de esta ciudad [.....]
Capto el reflejo de mi cara en la luna de un escaparate y me horroriza ver que estoy sonriendo. Imposible dejar de sonreir con un tiempo tan hermoso... Los tranvías pasan, Kleiststrasse arriba, como siempre. Y lo mismo los transeuntes que la cúpula en forma de tetera de la estación de la Nollendorfplatz guardan un aire curiosamente familiar, un vivo parecido con algo recordado, habitual y placentero, como en una buena fotografía.
No, ni siquiera ahora puedo creer del todo en todo lo ocurrido"


♫♪♫ Liza Minnelli - Mein Herr (BSO Cabaret)♫♪♫

jueves, 1 de julio de 2010

....como todos os días ....




.... como todos os días, dende que cumplira os trece anos, atravesou o arco que daba entrada a esa praza pequena e íntima, calada e serena, que parecia tenderlle a man, ralentizando o tempo, para que así puidese adentrarse no xardín das súas lembranzas.
Como todos os días, non puido apartar a ollada dos restos da metralla nas paredes da igrexa, lembranza permanente de pasados tempos de guerra, nos que ao igual que hoxe os nenos xogaban alleos ó que pasaba ao seu redor.
Como todos os días sentou á beira da fonte e unha única bagoa correu polas súas meixelas, rapidamente sacou un pano, enxugou os ollos, ergueuse e colocando as súas roupas continuou o seu cansino andar octoxenario polo Carrer da Palla...

♫♪♫ Evanescence - My inmortal♫♪♫